RIBEIRA> A Feira Viamare de Ribeira cumpre este ano a maioría de idade. Nesta decimo oitava edición participarán 25 establecementos que sacarán á rúa o stock de verán no peche da campaña de rebaixas.
25 establecementos, dous máis que na pasada edición, participarán na Feira Viamare que se celebrará en Ribeira entre o 11 o 13 de agosto. Instalarán os seus expositores nas carpas habilitadas na zona do Malecón que abrirán as súas portas en horario ininterrompido de dez da mañá a nove da noite.
Tanto a Xunta como o concello apoian esta iniciativa que contribúe ó dinamismo económico e comercial do municipio, como tódalas campañas promovidas pola patronal.
Dende a organización agradeceron tamén ós usuarios de AGADEA que colaboraron decoración das carpas.











