Saen a licitación as obras da nova senda peonil de Burés e A Casilla

RIANXO> A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez presentou esta mañá a dita actuación que conta cun orzamento de máis de 500 mil euros. As previsións pasan porque as obras estean rematadas na primavera de 2023.

A actuación presentada esta mañá prevé a construción dunha senda peonil na marxe dereita da AC-305. Actuarase basicamente en dous tramos diferentes. O primeiro deles de Burés a Xens, onde conectará coa senda xa existente. O segundo dos tramos comprenderá a zona de Contres ata a Casilla. As obras contan cun orzamento de algo máis dos 500 mil euros.

O alcalde, Adolfo Muíños, agradeceu o investimento que virá a mellorar a seguridade viaria na zona.

O anuncio de sacar a licitación xa o proxecto foi recollido tamén de xeito satisfactorio polos veciños, que dende hai tempo viñan reclamando esta actuación, que incluso non dubidaron en dirixir a súa reclamación de xeito directo á propia Conselleira.

Paralelamente, a Xunta executará tamén unha actuación adicional na outra marxe desta mesma estrada.

Unha vez adxudicada a obra, un proceso que podería prolongarse uns seis meses, iniciaríase xa a súa execución. Os prazos que manexa a Xunta é que poida ser unha realidade na primavera de 2023.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí