Fexdega convértese nun parque de atraccións de inverno cunha nova edición do Fexturrón

VILAGARCÍA> Vilagarcía celebrará unha nova edición do Fexturrón. Un evento que leva ao recinto de Fexdega todo un parque de atraccións. Entre a súa oferta, destacan de novo, a pista e o tobogán de xeo.

Coa chegada do nadal, o recinto feiral de Fexdega convértese nunha parque de atraccións de inverno. O Fexturrón leva a Vilagarcía numerosas atraccións entre as que destacan dúas típicas destas datas, a pista e o tobogán de xeo.

A zona de atraccións inclúe todo tipo de ofertas para os máis pequenos. Entre as novidades deste ano atópanse as casetas de nadal.

A celebración de Fexturrón é un atractivo non só para os vilagarciáns, se non para a xente de toda a comarca e dos arredores. O concello tamén celebrará actividades e obradoiros para que os visitantes teñan máis alternativas.

A entrada ao recinto é gratuíta e os prezos das atraccións e das pistas de xeo e o tobogán son populares. O Fexturrón estará aberto dende este sábado 26 de novembro ata o 8 de xaneiro.