Os Grovemakers poñen o seu toque artístico na Festa do Marisco

O GROVE> Ademais do mellor produto dos nosos mares, a festa do Grove tamén serve á vila para amosar as obras dos seus artistas e artesáns. Os Grovemakers volven a dispoñer dunha carpa na que ofertan as súas creacións. Na terceira festa á que asisten a asociación conta xa con 15 membros.

Na festa do Marisco non só se pode atopar o mellor dos nosos mares, se non tamén o mellor dos artistas e artesáns do Grove. Os Grovemakers volven a dispoñer dunha carpa na que vender as súas creacións. Neste festexo foi onde se creou a asociación que este ano volverá a contar co seu propio espazo.

A gran afluencia de visitantes que está a ter a festa tamén está beneficiando aos Grovemakers.

Na carpa poden mercarse produtos de 10 marcas da asociacións. Unha variedade de produtos para tódolos públicos.

Os Grovemakers incorporaron nos últimos meses a dúas novas socias, alcanzando os 15 membros. Os artistas pensan xa no futuro.

Os Grovemakers non deixan de medrar e sorprender pero sempre mantendo a súa esencia. Dende a asociación abren a porta a que calquera artistas que se queira unir ou queira asesoramento contacte con eles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí