PONTEVEDRA> A Rolda Leste da cidade é por fin unha realidade. O Concello e a Deputación de Pontevedra inauguraron esta mañá o novo vial que mellorará o acceso ao hospital Montecelo. Unha obra que contou cun orzamento de 3,3 millóns de euros e que dará servizo a un área sanitaria de 280.000 habitantes.
Este foi o momento no que a Deputación e o Concello de Pontevedra inauguraban a Rolda Leste. Unha infraestrutura de 970 metros de largo e de dous carrís de circulación que une a PO-542 co novo acceso a Montecelo.
A Rolda Leste contou cun orzamento de 3,3 millóns de euros e dará servizo a un área sanitaria de 280.000 habitantes. Ademais, os técnicos agardan que por este vial circulen uns 5.000 vehículos diarios.
A estrea deste novo vial non foi tan positiva como a Deputación e o Concello esperaban. Tras a inauguración, os veciños de Marcón interromperon o tráfico nesta Rolda Leste coa intención de manifestar o seu malestar pola ausencia de pasos de peóns no trazado. Unha demanda que, de momento, nin o goberno municipal nin a administración provincial parece que tiveron en conta.