XORNADA DO DÍA DA MULLER RURAL

    Mañá martes, 15 de outubro, Canal Rías Baixas emitirá por streaming en directo nesta web a Xornada do Día da Muller Rural que se vai celebrar nas Adegas Martín Códax.

    Con esta xornada a Asociación Amigos do Capítulo Serenísimo do Viño Albariño-Rías Baixas busca contribuír ó recoñecemento do papel da muller no mundo rural, tanto no mantemento das explotacións vitivinícolas, como a transformación da uva en viño e a súa promoción e comercialización.

    Contará con mulleres relatoras de referencia para o mundo agrario e do viño que tamén axuden a difundir a Galicia como unha Comunidade Autónoma implicada coa loita pola igualdade das mulleres. Ademais incluirá unha parte para a presentación das axudas e apoios que a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade está a
    brindar as mulleres de Galicia para alcanzar o obxectivo último dunha igualdade real e efectiva en todos os eidos e sectores.

     

    Programa

    De 10:00 a 10:15 h Recollida de materiais e acreditacións

    Inicio da emisión en directo

    De 10:15 a 10:30 h Apertura e Benvida
    Xoán Antonio Allegue López. Presidente Bodegas Martín Códax

    De 10:30 a 10:50 h Inauguración das Xornadas
    Susana López Abella. Secretaria Xeral Igualdade. Xunta de Galicia

    De 10:50 a 11:15 h Título: “O camiño da muller rural: da viña á adega”
    Eugenia Medina González. Presidenta da Asociación Galega de Mulleres Rurais AGAMUR

    De 11:15 a 11:45 h Pausa para o café

    De 11:45 a 13:15 h Mesa redonda: Mulleres referentes no medio rural
    Moderadora: CarmenChao, Periodista

    Interveñen:

    Marisol Bueno Berrio-Ategortua. Adegueira e Presidenta-Fundadora da D.O. Rías Baixas

    Katia Álvarez. Directora de Enoloxía de Bodegas Martín Códax

    Cristina Fernández Armesto. Directora Casa Grande de Xanceda

    Xiana Domínguez Álvarez. Viticultora e Propietaria de Bodega Chao do Couso

     

    De 13:15 a 14:00 h Título: “Galicia, nai da política rural”
    José González Vázquez. Conselleiro do Medio Rural. Xunta de Galicia

    14:00 h Clausura
    Alfonso Rueda Valenzuela. Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Xunta de Galicia

    14:15 h Xantar