A Xunta de Galicia reformará en 2020 a residencia de maiores de Campolongo

PONTEVEDRA> A Xunta de Galicia investirá 3,7 millóns de euros na reforma integral da residencia de maiores de Campolongo. Así o anunciou esta mañá a conselleira de Política Social nunha visita ao centro pontevedrés. As obras comezarán a principios de 2020.

A Xunta de Galicia ven de aprobar o proxecto de orzamentos xerais para o ano 2020. Uns orzamentos que superan os 10 mil millóns de euros. Na parte social, o maior investimento irá destinado á reforma integral desta residencia de maiores. En total, 3,7 millóns de euros.

A reforma da residencia será pactada e consensuada cos representantes dos traballadores. Unhas obras que están previstas que comecen a principios do ano 2020 e que serán compatibles coa actividade do centro.

A consellería de Política Social traballa tamén no proxecto da nova residencia da Parda. Unhas obras que, segundo anunciou esta mañá Fabiola García, comezarán no primeiro semestre de 2020.

Nesta visita, a conselleira de Política Social quixo destacar tamén a partida de 1,3 millóns de euros que a Xunta de Galicia destinará, no ano 2020, á reforma integral do centro de menores Avelino Montero.