A Mancomunidade do Salnés clausura a XIV edición dun obradoiro de hostalería excelente

SANXENXO> A mancomunidade do Salnés clausurou a XIV edición do obradoiro de hostalería. Un taller no que 20 alumnos se formaron nas especialidades de sala ou cociña. As súas posibilidades de inserción laboral con esta formación son moi amplas.

A Mancomunidade do Salnés despediu con honras a XIV edición do seu obradoiro de hostalería. Unha formación na que 20 persoas se especializaron nas modalidades de sala e cociña. O obradoiro realizouse no concello de Sanxenxo, unha vila onde a inserción laboral nestes campos é moi alta.

As posibilidades de emprego conséguense grazas a gran formación que reciben os participantes.

Dende a mancomunidade do Salnés destacaron a labor da directiva e do profesorado do obradoiro de hostalería, así como a vocación do alumnado. A formación aumentaralles as posibilidades de atopar emprego pero tamén permite mellorar o nivel do sector na comarca.

Os obradoiros son posibles grazas á financiación da Xunta de Galicia, cuxa aportación supera os 300 mil euros. Dende o organismo autonómico levan a cabo diferentes obradoiros de emprego e accións formativas buscando a inserción laboral dos participantes.

A XIV edición do obradoiro remata poro a mancomunidade do Salnés e a Xunta xa traballan na vindeira edición. A XV edición comezará nas próximas datas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí