Dispáranse os prezos dos mariscos e peixes por mor do temporal

PONTEVEDRA> O temporal dos últimos días dispara os prezos dos mariscos e peixes. Sen embargo, foron moitos os pontevedreses que deixaron as compras para última hora e que se encontraron hoxe cos prezos polas nubes. Os produtos máis demandados: os percebes, as centolas e os camaróns.

Os que decidiron esperar a última hora para mercar o marisco e o peixe desta noite encontráronse hoxe cos prezos polas nubes. Porque á tradicional suba destas datas sumouse este ano a escaseza de produto por mor do temporal.

A suba dos prezos viuse tamén reflectida nos peixes. Algúns deles chegaron incluso a duplicarse. Por iso non é de estrañar que moitos se descanten este ano pola carne.

O que está claro é que a pesares dos elevados prezos, o Mercado de Abastos de Pontevedra encheuse hoxe de centos de persoas en busca do mellor produto, porque hoxe é a noite de Nadal e…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí