Os 200 corredores da carreira noctura de Vilagarcía partirán en 20 quendas seguindo o protocolo

VILAGARCIA> Vilagarcía recupera este ano a súa carreira nocturna. A décimo sétima edición desta competición virá marcada polas novidades adaptadas á nova situación sanitaria. Participarán preto de 200 deportistas que competirán en quendas de 9 atletas.

Vilagarcía recupera este verán a súa carreira nocturna. A proba realizará este ano a súa décimo sétima edición. O percorrido será o mesmo que nas últimas carreiras con 10 quilómetros de lonxitude, pero as novas normativas sanitarias levan á organización a introducir novidades.

A carreira ten este ano un límite de 200 participantes. As inscricións xa se pecharon ás poucas horas de abrirse. As quendas partirán segundo o tempo de media que teñan os competidores nas probas de 10 quilómetros. Os que peor tempo teñan sairán nas primeiras quendas.

Haberá cinco categorías dividindo aos competidores por franxas de idade. Todos os participantes recibirán unha medalla e unha camiseta, pero ademais, os primeiros clasificados de cada categoría recibirán un premio.

A celebración da carreira levará ao peche de rúas para o tráfico en Vilagarcía a partir das 21:15 horas, agás a Avenida da Mariña, que estará pechada dende as 18 horas. A previsión é que se restableza o tráfico a preto das once e cuarto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí