Rajoy respalda a candidatura do PP de Pontevedra de cara ao 10N

PONTEVEDRA> Nova xornada de campaña na capital de provincia. Esta tarde, a plana maior do Partido Popular de Galicia paseou polo centro de Pontevedra. Fíxoo ademais con Mariano Rajoy, presidente de honra da formación, como convidado especial e que acaparou os saúdos da veciñanza que a esas horas paseaba polas rúas. O presidente do partido en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e os seus homólogos a nivel provincial e local, Alfonso Rueda e Rafael Domínguez, arrouparon ás candidatas ás Cortes pola provincia pontevedresa: María Ramallo e Pilar Rojo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí