BOIRO> Aproveitando o fin do verán e tamén o período de rebaixas, a ABE volve a organizar unha nova edición de ‘Fóra Stocks’.
A cita, presentada esta mañá na sede da patronal local, desenvolverase o venres 23 e o sábado 24 de agosto.
Nela participarán uns trinta negocios, que eses dous días porán centos de produtos a prezos de liquidación.
Para incentivar tamén as compras a ABE realizará un sorteo presencial de mil euros.
Aproveitarase tamén eses días para poñer á venda a nova camiseta oficial da ABE #somosboiro. Sairán só 50 unidades, que poderán adquirirse a un prezo de dez euros, presentando un tícket de compra dun negocio asociado.
Pero non só iso. Durante toda a fin de semana haberá tamén atraccións infantís ás que poderá accederse con invitacións dos negocios participantes na campaña, así como tamén diversas actuacións musicais, grazas ó apoio do Concello, e que servirán tamén de fin de festa do verán.











