O concello de Ribeira renova a súa colaboración con sete entidades sociais

RIBEIRA> O concello de Ribeira asinou este mediodía os convenios de colaboración con sete entidades sociais do municipio. O importe global das axudas, a repartir entre sete asociacións, ascende a trinta e dous mil euros.

Como cada ano, o concello de Ribeira renovou o seu compromiso de colaboración coas entidades de carácter social que traballan no municipio. A través da sinatura de sete convenios, o goberno destinará trinta e dous mil euros para apoiar a estas asociacións. Contía que en vindeiros anos prevé aumentar.

Grazas a esta colaboración, A Creba financiará o transporte de usuarios, mentres que Ambar porá en marcha o programa Vivindo en Comunidade. Pola súa parte, AMICOS reforzará o servizo de atención psicopedagóxica e a Fundación Faiben asumirá o proxecto ‘Contigo’. Cáritas e Amigos de Galicia afondarán, coa axuda destas achegas, na loita contra a pobreza e exclusión e a cobertura de necesidades básicas mentres que Renacer dará continuidade ó programa de prevnción de drogodependencias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí