As Matinés do Principal renovan a aposta de Pontevedra polos concertos diúrnos

PONTEVEDRA> As Matinés do Principal volven este 2020 cunha nova proposta musical. Por cuarto ano consecutivo, tres artistas actuarán no teatro pontevedrés en horario de mediodía, ofrecendo unha proposta pensada para un público familiar. As Matinés arrincan o vindeiro 25 de abril coa actuación de Manel, co que será o seu único concerto en Galicia.

As Matinés do Principal volven a Pontevedra como unha alternativa ao ocio nocturno. Tres artistas actuarán no escenario do teatro no marco dun formato pensado para un público máis familiar.

Todas as actuacións arrincarán ás 12 e media do mediodía. Manel será a banda coa que arrincará o calendario deste ano o vindeiro 25 de abril. Seguiranlle Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre o 9 de maio, para pechar o ciclo con Ele o 17 de outubro.

Este xa é o cuarto ano que o concello aposta pola proposta das Matinés do Principal. Unha iniciativa que ademais permite dinamizar toda a cidade.

As entradas para os concertos xa están á venda a un prezo de 16 euros e 18 euros no caso de Manel por anticipado. Na billeteira será de 20. Ademais, hai un abono de 45 euros que permitirá gozar dos tres concertos. Os menores de 14 anos terá un desconto dun 50%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí