O Clúster de Turismo de Galicia pon en marcha o club de produto Galicia Sostible para situar ao sector como referente mundial da sustentabilidade

O GROVE> Galicia aposta polo turismo sostible. O Clúster galego coa colaboración da Xunta poñen en marca o club de produto Galicia Sostible. Unha iniciativa para acoller a todos os negocios turísticos comprometidos co medio ambiente. Este proxecto busca colocar a Galicia como un referente mundial na sustentabilidade.

O sector turístico de Galicia non deixa de mirar ao futuro e de innovar para continuar co seu crecemento. Tras demostrar durante a pandemia que os seus establecemento eran seguros, agora involúcranse co coidado da natureza e co traballo sostible. O cluster galego, coa colaboración da xunta de Galicia poñen en marca o Club de Produto Galicia Sostible. Unha iniciativa para acoller e axudar a todos os negocios turísticos comprometidos co medio ambiente.

Dende a Xunta consideran que esta iniciativa pioneira porá a Galicia como referente da sustentabilidade a nivel mundial.

A presentación da iniciativa tivo lugar no restaurante Culler de Pau do Grove. Un local que ademais de ter dúas estrelas michelín tamén ten unha estrela verde. Recoñecemento que pon en valor o seu traballo ecolóxico e a súa aposta polo produto de quilómetro cero.

O alcalde do Grove tamén quixo destacar a importancia de apostar polo produto de proximidade, pola sustentabilidade e pola economía circular para poñer en valor a natureza e as paisaxes galegas. Pola súa parte, dende o cluster e a Xunta invitan a todos os negocios turísticos a sumarse a esta iniciativa. As vantaxes son axudas para adaptarse, formar parte do catálogo de destinos turísticos sostibles e dar así máis visibilidade aos seus produtos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí