BOIRO> A operación saldouse coa detención de 14 persoas. Operaban en varias localidades da provincia da Coruña.
A Garda Civil desartellou un grupo criminal radicado na provincia da Coruña especializado en estafas mediante o método ‘SIM swapping’. Segundo informaron fontes policiais facíanse coas claves da banca electrónica das presuntas vítimas e duplicaban as súas tarxetas, para posteriormente realizar transferencias a outras contas.
No marco da operación, denominada ‘Duplicidade’, procedeuse a detención de 14 persoas veciñas de Oleiros, Culleredo, Camariñas, Carballo e Boiro. Están acusadas como presuntas autoras de varios delitos de estafa agravada, de falsidade documental e pertenza a grupo criminal.
Nos rexistros realizados en varios domicilios os axentes atoparon unha gran cantidade de diñeiro en efectivo, algún del falso; tres pistolas, varios ordenadores e teléfonos móbiles, así como tamén un dispositivo electrónico impresor de tarxetas plásticas co que falsificaban os DNI.
Tódolos detidos xa foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Carballo que é quen instrúe o caso.