VILAGARCÍA> En tempos da Covid, tamén hai emprendedores que comezan os seus negocios. Un mozo de 27 anos de Vilagarcía acaba de abrir no mercado de abastos un posto de empanadillas. A súa oferta é moi variada.
Nunha época de crisis sanitaria e económica moitos negocios temen que a situación os obrigue a pechar as súas portas, pero en tempos da Covid tamén hai quen arrisca e leva adiante os seus proxectos, é o caso de Laureano Rey, un mozo de 27 anos que abriu no mercado de abasto de Vilagarcía un posto de empanadillas.
Segundo explica, as súas empanadillas son máis saborosas que as galegas.
A oferta de empanadillas do Rincón de Don Laureano é moi variada.
Ademais tamén teñen especialidades para veganos.
Laureano continúa a tradición familiar, xa que seu avó e seu pai tamén se dedicaban á cociña arxentina. De feito son coñecidos na zona por rexentar dende hai máis de 20 anos unha pizzería. Agora quixo poñer en valor tamén as súas empanadillas, a pesar da dificultade de emprender neste momento.
A oferta do Rincón de Don Laurano amplíase tamén con pasta fresa e pratos conxelados. Polo de agora, segundo Laureano, están tendo unha gran resposta da xente. Aqueles interesados en probar as empanadillas arxentinas poderán achegarse ao Rinco de Don Laurenano de luns a sábado en horario de mañá.