BOIRO> Unha rúa de Boiro levará o nome de Jesús Alonso. A corporación municipal adoptou a pasada noite este acordo, proposto por unha unha vintena de entidades deportivas e sociais do municipio.
Máis de hora e media dedicaron os concelleiros de Boiro a debater a proposta para adicar unha rúa ó fundador do grupo empresarial Jealsa, Jesús Alonso. A iniciativa que finalmente saíu adiante cos votos a favor de PP, PSOE e Ciudadanos e en contra de Boiro Novo, IC Boiro e BNG, xurdiu a petición de dezanove colectivos socioculturais e deportivos que pretenden recoñecer así ó apoio do empresario ó tecido asociativo do municipio. Neste punto, as formacións que votaron en contra, recoñeceron o labor de Alonso tanto no eido social como no empresarial como xerador de emprego no municipio. Sen embargo, non teñen a mesma opinión sobre a súa traxectoria política polo que rexeitaron a proposta.
Boiro Novo propuxo unha emenda para cambiar a denominación proposta que foi secundada polo BNG. O voceiro de Ciudadanos aludiu precisamente ó peso de Jealsa na dinámica socioeconómica de Boiro para apoia a inicitaiva mentres que o PSOE entende que debe terse en conta a sensibilidade deste preto de vinte colectivos que respaldan a proposta. O PP foi aínda máis alá explicando que este non é o único recoñecemento que merecería Jesús Alonso.
Durante o pleno aprobáronse tamén os proxectos a incluír no POS da Deputación para 2020.