Rafa Domínguez esixe ao goberno municipal que aprobe os orzamentos de 2020

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra denunciou esta mañá en rolda de prensa o retraso na aprobación dos orzamentos municipais. O voceiro popular achacou este problema á falta de consenso e de comunicación entre o BNG e o PSOE.

O voceiro do PP de Pontevedra manifestou esta mañá a súa preocupación e malestar polo retraso na aprobación dos orzamentos municipais de 2020. Un problema que Rafa Domínguez achacou á mala relación que segundo el existe entre os socialistas e os nacionalistas.

Rafa Domínguez fixo referencia aos 4 anos nos que o BNG gobernou en minoría. 4 anos nos que os presupostos foron aprobados antes do 31 de decembro.

O alcalde de Pontevedra respondeu esta mesma mañá ás declaracións de Rafa Domínguez. Miguel Anxo Fernández Lores asegurou que o goberno municipal está a traballar neste asunto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí