Catro firmas usan xa o Centro de Emprendemento de Outes

OUTES> O Concello puxo en marcha a finais de decembro este espazo de traballo colaborativo para promover o nacemento de novas iniciativas empresariais.

Un total de catro empresas traballan xa ou están a piques de facelo no Centro de Emprendemento de Outes, que vén de poñer en marcha o Concello, a través dunha axuda do Grupo de Desenvolvemento Local da Asociación Deloa, no que tamén se integra o Concello. Trátase de negocios relacionados coa comunicación audiovisual, o turismo e a arquitectura.

A proposta xorde da propia vontade do equipo de goberno dende a súa chegada á alcaldía de ofrecerlle a tódalas persoas emprendedoras do municipio dun espazo de traballo, así como asistencia técnica e apoio no proceso de desenvolvemento e consolidación de novas iniciativas empresariais.

O Concello non descarta ampliar nun futuro este espazo, situado na planta baixa das antigas escolas do Bosque.

Polo de agora o uso das instalacións é gratuíto, cunha vixencia máxima de dous anos, prorrogable por dous períodos de seis meses máis se fora necesario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí