PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra únese á Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, Xoga, na súa loita para que se recoñeza a Lingua de Signos Galega como forma de comunicación oficial. Esta mañá presentaron un ‘Informe cero’ de análise preliminar. Nel, numerosos expertos conclúen que é unha realidade pero que precisa ser revitalizada.
A Lingua de Signos Galega existe. Esta é unha das conclusións do ‘Informe cero’ que hoxe presentaron a Deputación de Pontevedra e a Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, Xoga.
Numerosos expertos participaron neste informe. Nel recollen que a Lingua de Signos Galega é unha realidade lingüística e subliñan a necesidade de recompoñela antes de que desaparezan os seus informantes e revitalizala.
Ortega lamentou a invisibilización que sufriron ata o de agora as persoas que se comunican en Lingua de Signos Galega. Tamén se referiu á oportunidade perdida no 2007.
A presidenta de Xoga denuncia que sufriu fortes presións durante a elaboración deste ‘Informe Cero’. Documento que dá o primeiro paso non só para recoñecer a Lingua de Signos Galega, senon tamén para impulsar o seu ensino.
A deputada María Ortega insistiu no compromiso da Deputación provincial con estes obxectivos, así como na busca de apoios institucionais para conseguir o recoñecemento oficial da Lingua de Signos Galega.