Mar apoia o funcionamento das confrarías con máis de catrocentos mil euros

GALICIA> As confrarías galegas recibirán axudas por valor de catrocentos mil euros para gastos correntes e implantación de melloras. Así o establecen os convenios asinados entre a Consellería do Mar e as federacións provinciais e galega.

A Consellería do Mar vén de asinar os convenios coa Federación Galega e as federacións provinciais de confrarías para apoiar o seu funcionamento- As entidades que agrupan ós sesenta e tres pósitos galegos beneficiaranse dunha liña de axudas de catrocentos mil euros para gastos derivados da súa actividade como a contratación de persoal ou tarefas de mantemento.

Rosa Quintana insistiu na necesidade de apoiar ás confrarías polo seu papel no coidado dos recursos pesqueiros como responsables da xestión do medio mariño.

A estes convenios sumaranse nos próximos meses dous novos acordos para implantación de novas tecnoloxías ou a mellora da formación no sector, dotados cun importe total de setenta e cinco mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí