BOIRO> O PP acusa ó executivo de José Ramón Romero de falla de transparencia. A polémica xorde a raíz do anuncio por parte do goberno local da reforma do mercado municipal na que se investirán uns 120 mil euros.
Esta actuación, incluída na relación de obras financiadas con cargo ós Fondos Next Generation do Goberno Central, ós que ó concello boirense lle corresponderán uns 356 mil euros, parécelle o Partido Popular o suficientemente importante como para que o executivo teña que dar explicacións.
O PP recolle tamén o malestar de boa parte dos praceiros, ós que o alcalde tampouco informou detalladamente do proxecto, teméndose que a que as obras puideran levar aparellado unha reubicación dos postos, algo o que se negan.
O voceiro popular pídelle ó alcalde que atenda unha por unha as demandas dos praceiros que xa lle trasladaron en máis dunha ocasión. Trátase dunha serie de melloras que segundo eles si habería que acometer no mercado. Entre outras falan da instalación dun novo chan antideslizante, a mellora da iluminación e a limpeza das instalacións, o cambio da porta principal ou unha máquina de xeo.