A patronal pobrense demanda maior vixilancia ante unha nova vaga de roubos

POBRA> A Asociación de Empresarios vén de facerse eco das queixas de numerosos dos seus asociados ante unha nova vaga de roubos na localidade.

Dende a entidade que preside Manuel Tomé piden que se incrementen as medidas de seguridade para evitar este tipo de feitos, que causan enormes prexuízos a empresarios e hostaleiros.

Neste sentido a patronal local vénlle de remitir un escrito ó Concello solicitando maior vixilancia na rúa. Unha medida que pasaría polo aumento do actual cadro de persoal da Policía Local, que, segundo apuntan, está baixo mínimos, o que imposibilita poder realizar gardas nocturnas.

Nas últimas horas a Garda Civil detivo xa a dúas persoas ás que se lles acusa presuntamente de cometer estes roubos en establecementos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí