BOIRO> O campo municipal de Vista Alegre acollerá este domingo un partido de fútbol moi singular. A Garda Civil medirá forzas contra o clero nun encontro benéfico no que tódolos fondos recadados irán destinados a Cáritas Parroquial.
Por segundo ano consecutivo, o concello de Boiro acollerá un partido solidario en beneficio de Cáritas . O encontro, previsto para este domingo no campo de fútbol de Vista Alegre, enfrontará a curas contra gardas civís.
O prezo das entradas será de tres euros anticipada e 5 en taquilla. Os organizadores agardan superar a recadación da primeira edición que roldou os catro mil euros.
Ademais do seu carácter solidario, o partido converterase nunha xornada festiva na que o resultado final será o de menos.











