O Noia Portus Apostoli pretende achegar os valores do deporte aos escolares

NOIA>  A iniciativa presentada no colexio Jaime Balmes, desenvolverase ata maio en 20 centros educativos de Noia, Ribeira, Porto do Son, Barbanza e Mazaricos, entre outros.

A través desta campaña ‘Noia Portus Apostoli na Escola’, o Club pretende darlle a coñecer ós rapaces os valores do deporte, achegándoos a unha disciplina como é o fútbol sala cunha fonda tradición na vila, que permitiu que o Club poida estar hoxe na Segunda División Nacional. A iniciativa partiu da propia área social da entidade coa finalidade de darlle a coñecer ós máis pequenos como é a forma de traballar do equipo ou mesmo chegar a coñecer a técnicos e xogadores.

Para a presentación da campaña que se prolongará ata o vindeiro mes de maio o Club escolleu o colexio Jaime Balmes, pero a súa intención é seguir desenvolvéndoa nun total de vinte centros educativos non só de Noia, senón de Ribeira, Porto do Son, Boiro e Mazaricos, entre outros.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí