Ningún neno de Boiro quedará este Nadal sen xoguetes grazas á inmobiliaria Comprarcasa Miraben

BOIRO> A iniciativa da inmobiliaria  Comprarcasa Miraben e a solidariedade dos boirenses permitirá que ningún neno do concello quede sen agasallos este Nadal. Recolleron máis de 300 xoguetes que foron entregados a Cáritas.

Cando decidiron poñen en marcha a campaña ‘Ningún cativo sen xoguete’ dende a inmobiliaria Comprarcasa Mirabén de Boiro non agardaban superar tódalas expectativas iniciais. A través das redes socias e co reparto de cartelería polo comercio local chamaban á doazón de agasallos para máis cativos. O éxito foi tal que a súa oficina situada no centro da vila quedou pequena para acoller os máis de 300 xoguetes doados polos veciños que non dubidaron en colaborar para que tódolos nenos reciban a visita dos Reis.

Bonecas, coches, libros, xogos de mesa e así ata completar a longa lista de xoguetes que esta mañá foron entregados a Cáritas.

A boa acollida desta campaña solidaria é un incentivo máis para darlle continuidade en vindeiros anos. Fernando e o seu equipo teñen claro que seguirán a colaborar con quen máis o necesita pero, en vista do éxito, van ter que ampliar instalacións para acoller a marea solidaria dos boirenses.