O alumnos da UNED Senior de Boiro inician un curso de cultivo de hortalizas

BOIRO> Arrancan en Boiro as actividades do segundo cuadrimestre do programa formativo da UNED Senior. Unha vintena de alumnos participan no curso de cultivo de hortalizas durante todo o ano. Ademais das clases teóricas realizarán prácticas na finca do pazo de Goiáns.

Entre marzo e xuño impartirase no Centro de Formación de Espiñeira o curso de cultivo de hortalizas durante todo o ano. Enmárcase nas actividades do segundo cuadrimestre da UNED Senior e impártense os martes alternos en horario de trade, de catro a oito.

Unha vez rematada a formación teórica, os alumnos realizarán prácticas no horto do Pazo de Goiáns. O concello está xa a acondicionar este espazo dotándoo dun invernadoiro para facilitar o desenvolvemento das clases prácticas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí