RIBEIRA> A Policía Nacional de Ribeira celebrou o día do seu patrón, os Anxos Custodios, cun solemne acto presidido pola subedelegada do goberno na Coruña.María Rivas fixo entrega de tres condecoracións a axentes da policía nacional e entregou un distintivo especial á policía local, en recoñecemento á colaboración entre corpos.
A subdelegada do goberno da Coruña presidiu os actos organizados pola comisaría de Policía Nacional de Ribeira co gallo do seu patrón. Ademais de celebrar esta data, serviron para recoñecer o labor das forzas de seguridade así como a estreita colaboración entre corpos que buscan facer de Ribeira un lugar seguro.
Durante o acto, a subdelegada do goberno impuxo a condecoración ó mérito policial a tres axentes ribeirenses: dous deles pola acción desenvolvida nun intento de homicidio na vía pública e outro en recoñecemento á súa traxectoria profesional. Tamén lle fixo entrega dun distintivo especial ó xefe da policía local de Ribeira .











