O BNG asegura que Pontevedra será clave nos resultados electorais do vindeiro 5A

PONTEVEDRA> O BNG presentou esta mañá a súa candidatura ás eleccións autonómicas pola provincia de Pontevedra. Unha lista encabezada por Luís Bará e na que destacan novas voces como Alexandra Fernández, Manuel Lourenzo ou Carmela González. No acto, a portavoz nacional, Ana Pontón, asegurou que o seu proxecto é o único que pode derrotar as políticas do PP.

Levar o modelo de Pontevedra ao Goberno da Xunta. Ese é o obxectivo que se marca o BNG. O partido liderado por Ana Pontón presentou esta mañá a súa candidatura pola provincia de cara as vindeiras eleccións autonómicas. E o fixo poñendo á Cidade do Lérez como un claro exemplo do que se pode conseguir en Galicia.

Ana Pontón aproveitou este acto para repasar os obxectivos principais do seu partido en Pontevedra. Entre eles destaca a rexeneración e recuperación da ría, o dragado do Río Lérez e, como non podía ser doutro xeito, o traslado da fábrica de Ence.

Neste eido, a portavoz nacional do BNG quixo dirixirse directamente a Feijóo.

A candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra está encabezada por Luís Bará. O nacionalista chamou esta mañá á mobilización da xente nova e das zonas urbanas e mostrouse convencido dos bos resultados que acadará o seu partido o vindeiro 5 de abril.

Montse Prado e Alexandra Fernández sitúanse nos postos dous e tres desta candidatura, respectivamente. Unha lista na que destacan tamén outros nomes como o de Manuel Lourenzo, o de Carmela González ou o de Lola Dopico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí