Técnicos do concello de Pontevedra avaliarán os danos do lume no parque forestal da Fracha

PONTEVEDRA> Outro dos lumes que esta fin de semana fixo saltar as alarmas foi o rexistrado no monte da Fracha, en Pontevedra e Ponte Caldelas. Comezou o venres e non foi ata o mediodía de hoxe que a Consellería do Medio Rural deuno por controlado. Segundo datos oficiais, as lapas arrasaron 380 hectáreas de ambos concellos.

O venres ás 19.30 declarábase o incendio no monte da Fracha. As lapas comezaron no termo municipal de Ponte Caldelas, na parroquia de Xustáns, aínda que rápidamente se estenderon ata o concello de Pontevedra. Ponte Sampaio e A Canicouva foron as parroquias máis afectadas.

Este mediodía, a Consellería do Medio Rural dábao por fin por controlado. Segundo os datos oficiais, as lapas arrasaron 380 hectáreas, afectando tamén ao arque forestal da Fracha.

Dende o concello de Pontevedra explican que esta semana os técnicos municipais avaliarán s danos. Polo de momento, non está cuantificada a superficie de parque afectada.

Vilaverde aproveitou a sua comparecencia para facer un chamado sobre a necesidade de deseñar unha política forestal para todo o ano, con medidas que ordenen os montes, os faga produtivos e que elimine o monocultivo de eucalipto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí