O executivo boirense decide abrir os paseos e zonas verdes

BOIRO> O executivo boirense decidiu tamén abrir os paseos públicos e as áreas verdes do municipio, que ata o de agora estaban pechados. Con esta medida pretende que pais e fillos poidan empregar estes espazos para os seus paseos diarios tras a autorización do Goberno Central. Así manteranse abertos os paseos marítimos de Carragueiros, Barraña, Escarabote ou o da Ribeira Grande e tamén os paseos do río Breiro e o do estuario do Coroño. Está tamén aberto o parque da Cachada, aínda que só o seu acceso pola entrada principal da Avenida de Barraña. Si seguirán pechadas algunhas pasarelas e accesos a varios dos espazos públicos do municipio, ó non poder garantirse que se manteña a distancia de seguridade, e tamén para controlar a entrada de xente e evitar aglomeracións. Dende o Concello tamén informaron de que a Policía Local incrementará estes días os controis, sobre todo destas áreas, para coidar que non se usen nin se acceda a parques infantís e biosaludables, espazos recreativos e áreas e instalacións deportivas, que seguen pechadas ó público.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí