Preto de 200 deportistas participarán nos 28º Special Olympics en Vilagarcía

VILAGARCIA> Ao redor de 200 deportistas discapacitados participarán nos Special Olympic en Vilagarcía. A proba permite aos participantes desenvolverse e esforzarse en diferentes disciplinas deportivas. A novidade deste ano serán os deportes autóctonos como a chave.

Despois de dous anos de parón por motivo da pandemia, regresan a Vilagarcía os xogos olímpicos máis agardados, os Especial Olympic. Un campionato no que non se compite por ser o mellor do mundo, se non por crear unha xornada na que a través de diferentes disciplinas deportivas as persoas con discapacidade poidan desenvolver e mellorar a súas destrezas.

Esa convivencia créase a través das máis de 30 asociacións que participan, o que supón preto de 200 deportistas. Os usuarios participarán en numerosas disciplinas deportivas como tenis de mesa, bádminton ou probas de destreza individual pero tamén en competicións adaptadas segundo a discapacidade de cada participante. Este ano a novidade é a inclusión dunha nova categoría como son os xogos autóctonos nos que destaca a chave.

O torneo celebrará este ano a súa vixésimo oitava edición. A súa celebración é posible grazas ao traballo da asociación Con eles e á colaboración de administracións como a Xunta e o concello.

O torneo celebrarase en fexdega o sábado 4 de marzo.  A inauguración terá lugar ás 10:45 da mañá e a competición comezará as 12 do medio día.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí