A Mancomunidade reunirase con Valoriza para mediar no conflito cos traballadores

MEIS> A mancomunidade do Salnés reunirase con Valoriza para intentar que acade un acordo cos traballadores. Os empregados tiveron en Meis este xoves a súa primeira mobilización e tamén se reuniron coa alcaldesa a presidenta da mancomunidade. Manteñen a súa folla de ruta coas mobilizacións e seguen advertindo que se o día 17 non teñen unha proposta seria da empresa, aumentarán as súas reclamacións.

Os traballadores de Valoriza comezaron este xoves en Meis as súas mobilizacións para esixir á empresa que negocie unha suba dos seus salarios. Os empregados levan co mesmo soldo dende 2016 e denuncian que a empresa estalles a facer propostas moi baixas.

Ademais da mobilización, os traballadores e o sindicato tamén mantiveron a primeira reunión coa alcaldesa de Meis e presidenta da mancomunidade do Salnés. Marta Giráldez descoñecía a situación laboral na que se atopaba e mostroulles o seu apoio. Tamén anunciou que a semana que verán reuniranse coa empresa para intentar que chegue a un acordo cos traballadores.

Os traballadores continuarán coa súas manifestación nos concellos de Cambados e Vilanova. O propio alcalde de Cambados, que tamén descoñecía a situación, avogou por que ambas partes se senten a negociar e poidan chegar a acordos. Pola súa parte, os traballadores non descartan aumentar as súas protestas se o día 17 a empresa non lles presenta unha proposta razoable.

As seguintes manifestacións terá lugar o día 9 en Cambados e o día 16 en Vilanova.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí