O Clúster de Turismo de Galicia estima que a crise podería deixar 30.000 desempregados no sector

GALICIA> A crise do coronavirus pode conleva-la perda de 30.000 empregos no sector do turismo en Galicia. Así se desprende dun informe elaborado polo Clúster de Turismo, que indica que a nosa comunidade, no peor dos escenario podería perder dous de cada tres visitantes.

O turismo, un dos principais motores da economía das Rías Baixas, pode saír gravemente ferido da crise do coronavirus. Un informe elaborado polo Clúster de Turismo de Galicia estima que a nosa comunidade recibiría, no mellor dos casos a metade dos visitantes.

O escenario máis pesimista apunta a que tan só dous de cada tres turistas virían a Galicia trala crise do coronavirus. Unha emerxencia sanitaria que tamén ten consecuencia para o emprego. Segundo o clúster podería arrastrar ata 30.000 postos de traballo.

Para palia-las consecuencias do COVID-19, o clúster propón tomar medidas axiña, entre elas, a creación dun protocolo para garanti-la segurida dos visitantes.

Tamén propoñen crear unha campaña, que xere confianza no turista.

Con todo, o horizonte para o sector debúxase pesimista. Para o ano Santo 2021 augúrase unha forte caída dos turistas, pero tamén dos peregrinos, que se r educirían de medio millón a pouco máis de 250.000.