Boiro súmase ó programa de teleasistencia da Deputación

BOIRO> O departamento de Servizos Sociais de Boiro xa iniciou trámites necesarios para solicitar o servizo de teleasistencia que xestiona a Deputación da Coruña. Trátase dun servizo que ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas maiores que viven soas grazas a un intercomunicador que levan consigo e que lles permite atención permanente con tan só pulsalo. Cando se declarou o Estado de Alarma, a Deputación ampliou o servizo de telasistencia que presta para poder facelo accesible a tódalas persoas maiores que o demanden mentres dure a alerta sanitaria. Durante este período, simplificáronse tamén os trámites para a súa solicitude para que se respecte o confinamento. Dende a ampliación déronse de alta máis de cen persoas en toda a provincia, catro delas en Boiro. Tódolos veciños de mais de 65 anos que viven sós poden solicitar xa este servizo ou informarse no propio departamento de Servizos Sociais do Concello.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí