BARBANZA> A comarca do Barbanza volve a ser escenario estes días dun exercicio militar no que participan máis de tres mil efectivos do exército, a maior parte deles pertencentes ó exército do aire.
Son parte da denominada operación ‘Eagle Eye’ (Ollo de Águia), que se prolongará ata este venres.
O ‘grosso’ do simulacro concentrarase no aeródromo militar de Santiago.
Recrearase unha batalla de tres días coa participación de cazas, fragatas e artillería antiaérea.
Trátase en definitiva dun exercicio militar que serve de adestramento, para coordinar a integración dos medios militares aéreos, marítimos e terrestres.
Ademais de varios cazas, tamén participará no simulacro a fragata Álvaro de Bazán e a Unidade Hércules, do exército de terra, que despregará na zona do Barbanza os dispositivos de mísiles antiaéreos.
Polo que se oen estes días algún que outro avión de combate ou artillería antiaérea, non se asusten. Aínda non entramos en guerra.