PONTEVEDRA> O alcalde de Pontevedra anunciou esta mesma mañá un novo protocolo de actuación. Este estará centrado na reorganización do edificio situado na rúa Michelena.
O goberno local comeza a traballar na reorganización do Concello. O obxectivo é garantir tanto a seguridade dos propios traballadores municipais como dos veciños e, para iso, estanse realizando diferentes protocolos de actuación. Ademais de artellar un sistema de citas previas e de atención por videoconferencia, o goberno entende que a actuación máis urxente é a da planta baixa deste edificio. Así é a distribución actual e así é como quedará tras as obras. O cambio máis significativo é o dos accesos. Por unha banda estará o do Rexistro e do Padrón e, por outra, o do resto das dependencias municipais.
Esta obra está previsto que comece o 18 de maio e que teña unha duración de 2 meses. Durante este período, os traballadores municipais trasladaranse á Casa da Luz. O orzamento desta actuación é de 226 mil euros.
O alcalde de Pontevedra informou tamén esta mañá das obras do Local de Ferreiros. En principio esta actuación debería rematar o 30 de maio para, a continuación, realizar o traslado dos traballadores durante a primeira quincena de xuño.