A Subdelegación do Goberno reparte 290.000 máscaras en toda a provincia

PONTEVEDRA> Dende hoxe é obrigatorio o uso de máscaras no transporte público.

Na provincia de Pontevedra, a Subdelegación do Goberno repartiu en total preto de 290.000 máscaras.

Centrándonos na cidade de Pontevedra, tanto a Policía Local como Protección Civil colaboraron nestas tarefas. En total, na xornada de hoxe repartiron 4.100 máscaras en zonas como a Praza de Galicia, os polígonos do Campiño e do Vao ou a ponte das Palabras, en Monte Porreiro.

Esta medida afecta a todos os usuarios de autobuses, trens e taxis e é un paso máis de cara a nova normalidade.