O paseo entre Coroso e Río Azor, recoñecido como sendeiro azul

RIBEIRA> Ribeira segue a sumar distintivos de calidade nas súas praias e espazos naturais. Ademais da bandeira azul que ondeará en Coroso, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor vén de recoñecer como sendeiro azul ó treito este este areal e a praia de Río Azor.

O alcalde de Ribeira recollerá o próximo día 26 en Madrid este novo recoñecemento que supón un paso máis no ambicioso proxecto de conectar o bordo litoral do municipio a través de rutas accesibles.

Dáse a demais a circunstancia de que o sendeiro discorre polo camiño Xacobeo A Orixe; oq ue supón un atractivo turístico máis para os visitantes atraídos non só polo seu valor paisaxístico e senón tamén pola súa importancia histórica.

O de Ribeira forma parte dos oito novos itinerarios que se suman este ano á lista de sendeiros azuis que conta xa con 86 en toda España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí