O Sorteo da Lotería de Nadal esperta a ilusión e a esperanza entre os pontevedreses

PONTEVEDRA> A dúas semanas para que se celebre o Sorteo da Lotería de Nadal, aumentan considerablemente as ventas de boletos. Este ano parece que a ilusión está máis presente ca nunca porque en Pontevedra xa puidemos ver hoxe importantes colas ás portas das diferentes administracións.

Esta é a imaxe que se repite ultimamente en todos as administracións de lotería. O 22 de decembro está a volta da esquina e ninguén se quere quedar sen o seu boleto.

O Sorteo da Lotería de Nadal enche cada ano de ilusión e esperanza os fogares do noso país pero este ano é, sen dúbida, máis importante ca nunca facerse coa combinación gañadora.

Cada pontevedrés gastarase este ano de media uns 60 euros na Lotería de Nadal. Ademais, a xenerosidade está moi presente nos fogares da Boa Vila porque a meirande parte deles compartirán os seus boletos cos seus achegados.

E aínda que o bombo non entende de números bonitos ou números feos, cada ano repítese sempre a mesma pregunta: é mellor elixir os números ao azar ou é mellor escollelos previamente?

A posibilidade de gañar a Lotería de Nadal é moi baixa pero como di o refrán… a esperanza é o último que se perde…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí