O PP de Pontevedra realiza unha recollida de alimentos para axudar ás familias sen recursos

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra comezou esta semana unha recollida de alimentos. Toda a comida será entregada ao Banco de Alimentos co obxectivo de axudar as familias sen ingresos. Todos os que queiran colaborar teñen ata mañá para achegarse ata a sede dos populares.

A solidariedade está a ser fundamental nesta pandemia. Co obxectivo de axudar a todas as familias sen ingresos, o PP de Pontevedra iniciou esta semana unha recollida de alimentos na súa sede.

Todos estes produtos non perecedoiros irán destinados ao Banco de Alimentos. Con esta acción solidaria, os populares pretenden aportar o seu gran de area a unha crise que está afectando de cheo a centos de familias en Pontevedra.

En apenas catro días, os populares conseguiron recadar todos estes alimentos e o fixeron, como non podía ser doutro xeito, con todas as medidas de hixiene pertinentes.

Todos os que queiran colaborar nesta recollida teñen ata mañá para facelo. O horario é de 10:00 a 12:00 e de 17:00 a 19:00 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí