Pontevedra tínguese de violeta coa celebración dun 8M atípico

PONTEVEDRA> Pontevedra celebrou hoxe por todo o alto o Día Internacional da Muller. Un 8M marcado polas restricións da Covid pero no que non faltaron as reivindicacións feministas. Centos de mulleres uníronse na cidade do Lérez para esixir unha igualdade real.

A Praza da Ferraría volveu a tinguirse un ano máis da cor violeta. A cor que representa a loita das mulleres. Este 8M estivo marcado sen dúbida pola crise da Covid pero a pandemia non conseguiu silenciar ás reivindicacións feministas.

O feminismo percorreu hoxe cada recuncho de Pontevedra, xa que houbo dúas manifestacións. Por unha banda, a que partiu dende o Hospital Provincial e, por outro, a que saíu dende o peirao das Corbaceiras. As dúas marchas uníronse nesta praza da Ferraría para esixir, alto e forte, unha igualdade real.

Nesta concentración non faltaron as críticas á decisión de prohibir a manifestación do 8M en Madrid.

A canción Tempestades de Sal, da artista Sés, foi a elixida para pechar esta concentración en Pontevedra. Un acto que volveu a deixar claro que o feminismo é máis necesario ca nunca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí