Un avión non tripulado do Exército vixiará os montes na Operación Centinela Galego

PONTEVEDRA> Comeza a Operación Centinela Galego 2022. A partires do 14 de agosto 30 patrullas do Exército sumaranse ao traballo dos efectivos antiincendios da Xunta de Galicia. A súa función, enmarcada no conventio entre o executivo autonómico e o Ministerio de Defensa, céntrase fundamentalmente na prevención e na vixilancia. Este ano incorpórase ao dispositivo un avión non tripulado.

O Exército volve patrullar os montes galegos. O domingo 14 de agosto comezará a Operación Centinela Galego 2022. Suporá a incorporación de 30 patrullas ao traballo dos efectivos antiincendios da Xunta de Galicia.

Esta operación enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e o Ministerio de Defensa nado no ano 2007. Supón un investimento de case 500.00 para as arcas autonómicas.

O convenio prolóngase ata o 30 de setembro, coa posibilidade de prórroga en función da situación. Este ano inclúe unha novidade: a incorpoación dun avión non tripulado con base en León ás tarefas de vixilancia.

Estas aeronaves están equipadas con cámaras con alcance de ata 20 quilómetros. Ofrecen unha imaxe de alta definición, permitindo identificar vehículos dende a altura.

Os efectivos do Exército vixilarán tres zonas determinadas pola Xunta debido ao elevado risco de lumes forestais, cun total de 33 concellos. Son o Barbanza, o interior da provincia de Pontevedra e Ourense.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí