MEAÑO> Todo listo en Meaño para celebrar a Festa do Viño. O festexo colle a testemuña da antiga festa do viño do aturo que contaba con vinte anos de antigüidade. A nova festa presenta un formato máis amplo coa participación de todas as adegas do municipio e actuacións musicais de venres a domingo.
A tradicional festa do viño de autor de Meaño evoluciona trala pandemia para converterse nun evento que involucrará a todas as adegas da vila. Transformada na festa do viño de Meaño, o concello xa ten todo preparado para poñer en valor os seus viños dende o venres ata o domingo.
As adegas terán o seu propio stand na praza do concello, pero ademais haberá tres catas repartidas entre o sábado e o domingo que se celebrarán no Pazo de Lis.
A música tamén estará presenten dende o venres ata o domingo.
Dende o concello destacan a importancia desta festa para poñer en valor un sector vital para o municipio de Meaño.
Ademais dos comentados, hai outros eventos destacados como a inauguración da festa que será o venres ás 20:30 horas e o pregón. O acto comezará no Pazo de Lis e os asistentes desprazaranse a pé ata a praza do concello, alí será a periodista Patricia Pardo a que dea o pregón.