A Pobra pon en marcha un servizo de asesoramento integral a comercios

POBRA> A concellería de Promoción Económica iniciou o pasado mes de abril un programa de apoio e asesoramento integral individualizado ós negocios da vila co fin de mellorar a súa rendabilidade, ó entender dende o Concello que o tecido comercial é unha parte fundamental da economía dun pobo.

O servizo, que se realiza de xeito gratuíto, inclúe diversos aspectos como é o caso da decoración de escaparates, xestión económica ou a relación con provedores.

A día de hoxe xa hai un total de 70 negocios adheridos a este servizo. E a súa experiencia é do máis positiva…