PONTEVEDRA> Pontevedra ten máis de 800 elementos que desentoan coa paisaxe urbana da cidade. O dato despréndese da primeira fase dun estudo de diagnose que recolle catro tipoloxías de elementos, como valados publicitarios ou medianeiras. O plan completarase cunha segunda fase cunha fase participativa.
A primeira fase do ‘Plan de diagnose de mellora da paisaxe urbana’ conclúe que en Pontevedra hai máis de 800 elementos que desentoan coa paisaxe urbana da cidade.
Entre eses elementos que desentoan coa paisaxe urbana ou que están mal integrados, atopamos medianeiras, valados publicitarios, muros de contención e parcelas de difícil aproveitamento urbanístico.
Tódolos elementos son tipificados en 5 niveis de relevancia, relacionados co nivel de impacto que cada un ten na contorna na que está ubicado. Agora, contémplase unha segunda fase, aberta á participación veciñal e de colectivos.
Para iso, o concello vai programar xuntanzas con asociacións e comunidades de veciños co obxectivo de completa-lo estudo.