A investigación do naufraxio do Argos Georgia, en mans das autoridades británicas

PONTEVEDRA> En canto ás investigacións para determinar as causas do naufraxio, o delegado do Goberno en Galicia explicou que están en mans das autoridades británicas. Nas súas declaracións iniciais, os sobreviventes atribúen o afundimento a unha vía masiva de auga producida pola rotura dunha comporta no costado do palangreiro. Hoxe Pedro Blanco asegurou que España non se debe inmiscir nas pescudas.