A veciñanza de Outes protesta pola falla de pediatra

OUTES> Así de contundentes se mostraban esta mañá estes dous nenos, que xunto a preto de medio cento de veciños se concentraron ás portas do centro de saúde da localidade para protestar pola supresión do servizo de pediatría.

Trátase, segundo eles, dun recorte máis, que se suma á xa de por si crítica situación da atención sanitaria neste dispensario.

Dende o Concello, critican tamén esta decisión por parte da consellería de Sanidade, que decidiu de xeito arbitrario centralizar toda a atención pediátrica en Noia, cos graves prexuízos que esta medida carrexará para as familias con menores de Outes.

Pero a crítica situación na atención sanitaria en Outes non afecta só ó servizo de pediatria. Os veciños temen novos recortes, xa que dos cinco médicos de cabeceira que había, podería quedar un só, xa que un xubilouse hai unhas semanas, outro farao nun mes e outros dous a finais de ano.

Ante esta situación o BNG xa anunciou que  trasladará esta problemática ó Parlamento Galego, a través da súa deputada Rosana Pérez, co fin de mellorara a atención sanitaria que se presta non só neste Concello, senón en toda a comarca de Muros-Noia