Un home atrinchéirase no río Lérez para non ser detido pola Policía

PONTEVEDRA> Pontevedra viviu hoxe unha escena de película. Un home atrincheirouse no río Lérez tras ser perseguido pola Policía.Todo comezou ás 16:30 horas. O varón, duns 25 anos, tiña orde de ingreso e prisión e, cando os axentes o localizan, o home decide tirarse ao río Lérez para tratar de fuxir.

Ao lugar desprazouse a Policía Local, a Policía Nacional e os Bombeiros.

O varón non paraba de gritar e de ameazar a todo aquel que trataba de achegarse.

Tras unha hora e media de persecución, os axentes conseguiron deter ao home.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí